Espallando versos de Rosalía! Esta é a campaña que hoxe presentaron a concelleira de Mocidade, Rosana Martínez Boullosa, e a ilustradora e artesá local, Paula Pereira. Unha iniciativa que ten como obxectivo conmemorar o Día de Rosalía este 23 de febreiro.

A imaxe desta campaña será entregada nunhas bolsas de tela, para conseguilas haberá que escoller un verso ou poema de Rosalía de Castro e subilo ás redes sociais co hasthag #SoutomaiorRosaliaSempre.

A imaxe da campaña, realizada por Paula Pereira, será entregada, de balde, nas dependencias municipais do concello: no Centro Integrado de Benestar (Multiusos), na Biblioteca Municipal, no Pavillón Municipal de Deportes e na Casa do Concello.

PARA FORMAR PARTE DESTA CAMPAÑA (que comezará este venres 23 e se desenvolverá ata fin de existencias):

  1. Saca unha foto ou vídeo co teu verso preferido de Rosalía (haberá unha ampla selección nas dependencias municipais).
  2. ⁠Sube ás redes sociais a foto ou vídeo co hashtag #SoutomaiorRosaliaSempre.
  3. ⁠Leva a túa bolsa de tela coa estampa da campaña de Espallando versos de Rosalía!

ROSALÍA SEMPRE!