Artellando: Rexistro de Artistas Locais
Inicio da actividade: 01-11-2022.
Fin da actividade: 31-12-2024.
Destinatarios/as: 12 e máis anos.
Público dirixido: Público xeral.
Acceso: De balde.
Lugar da actividade: Online.
Inscricións de forma continuada.
DESCARGAS: 22 Artellando (Programa e Bases)
DESCRICIÓN
Co fin de recoñecer o traballo das persoas e entidades culturais teceremos esta rede de artistas, profesionais e/ou amateur.
Será tamén unha plataforma que impulse e de visibilidade ás experiencias de creadores e creadoras, tanto a nivel individual como colectivo. As persoas e entidades rexistradas aparecerán no catálogo dixital e físico editado que estará permanentemente actualizado.
PERSOAS DESTINATARIAS/GRUPOS
Poderán inscribirse artistas locais que estén empadroadas/os ou que teñan a súa residencia ou sede no termo municipal de Soutomaior e poidan acreditalo; Tamén os grupos nos que na súa composición haxa algunha persoa que estea empadroada no termo municipal de Soutomaior.
CATEGORÍAS
Musical, artesáns e creación, artistas en xeral. Consultar no formulario seguinte.
NOTA: Se non reúnes este requisito de empadroado/a e es un artista dalgún dos Concellos limítrofes (Vilaboa, Ponte Caldelas, Fornelos, Redondela, Pazos de Borbén) envíanos un correo a omix@soutomaior.gal no que nos indiques o teu interese por formar parte deste rexistro e porémonos en contacto contigo para estudar a túa solicitude.