Artellando: Solicitude para Exposición

Inicio da actividade: 01-11-2022.

Fin da actividade: 31-12-2024.

Destinatarios/as: 16 e máis anos.

Público dirixido: Público xeral.

Acceso: De balde.

Lugar da actividade: Online.

Inscricións de forma continuada.

DESCARGAS: 22 Artellando (Programa e Bases)

DESCRICIÓN

Partiremos sempre cunha exposición de artista local que será inaugurada e presentada mediante unha visita guiada a cargo da persoa artista e que ao rematar realizará un obradoiro/actividade co público asistente previamente inscrito. 

Durante a inauguración coa persoa artistas e realización da actividade traballaremos sobre a base da súa obra e das súas inspiracións e suxestións. 

A/o artista poderá convidar a outros artistas de fóra e así nunha mesma exposición poderemos atoparnos arte local e doutros lugares.

PERSOAS DESTINATARIAS

As e os artistas locais empadroados/as en Soutomaior. 

SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN

  • Os datos que facilites serán xestionados polo CONCELLO DE SOUTOMAIOR. Contacto: oficinas@soutomaior.gal
  • Os datos que facilites serán usados para atender a consulta que plantexes neste formulario.
  • Os datos que facilites non serán cedidos a terceiras persoas / organismos / empresas.

Antes de enviar este formulario, le as seccións Privacidade e Cookies e Termos e Condicións desta web.