NOCTÁMBULAS

A QUEN VAI DIRIXIDO? COMO PARTICIPAR?

Ter entre 12 e 30 anos.

Solicitar o carné NOCTÁMBULAS cumprimentando o formulario.

Recoller o teu carné de balde na OMIX.

Presentar o carné no momento de chegada a unha actividade.

FAI O CARNÉ E PARTICIPA!

PROPÓN ACTIVIDADES COMO PARTICIPANTE

As actividades desenvolveranse en espazos saudables.

Terán un carácter educativo, participativo, inclusivo, igualitario e diverso, para todos os gustos.

Nacerán das propostas realizadas pola xente nova a través da Caixa de Suxestións que atoparedes en diferentes puntos:

Biblioteca Municipal.
Centros educativos.
OMIX, Multiúsos.

PROPÓN ACTIVIDADES COMO MONITOR

Presentando a túa proposta de actividade a través da inscrición en liña na que terás que cumprimentar unha serie de datos:

Título.
Breve descrición.
Obxectivos.
Duración da actividade/nº horas.
Número máximo de persoas destinatarias.
Necesidades técnicas e recursos materiais.
Datos completos de quen factura.
Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta (IVE e/ou IRPF).
Outras consideracións a ter en conta.

* Posibilidade de achegar documentación.
* As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única preferentemente.
* Se hai moita demanda poderán facerse grupos ou repetirse noutros días.

AVALÍA AS ACTIVIDADES NOCTÁMBULAS 2023