AVISO LEGAL
O Concello de Soutomaior, a través do seu portal web soutomaior.gal facilita información de interese xeral de Soutomaior e, en especial, información e xestións propias da organización municipal. A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.
O Concello de Soutomaior fai os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información estea permanentemente actualizada.
O Concello de Soutomaior poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.
O acceso ao portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Soutomaior non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.
No Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. No entanto, o Concello de Soutomaior non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no Portal.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como as súas normativas de desenvolvemento e demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo ao establecido nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD).
Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se no Concello de Soutomaior estamos a tratar datos persoais dos que vostede é titular.
Así mesmo, tal e como se prevé no RXPD, informámoslle que vostede ten os seguintes dereitos:
Acceder aos seus datos
A través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte do Concello de Soutomaior , a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos e se se comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.
Rectificación dos seus datos
Consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude deberá achegarlle a documentación xustificativa correspondente.
Supresión de datos (dereito ao esquecemento)
A través do exercicio deste dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida.
Con todo, existe unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.
Limitación do tratamento
Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola lexislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tal e como prevé o Regulamento xeral de protección de datos.
Á portabilidade dos seus datos
En determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a llelo transmitir a outro responsable do tratamento.
Oporse ao tratamento dos seus datos
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular poderá oporse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Contactar coa persoa delegada de protección de datos
As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Soutomaior polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do email oficinas@soutomaior.gal
Dereito a non estar suxeito á toma de decisións automatizadas
Non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.
Presentar calquera reclamación ante a autoridade de control
As persoas interesadas terán tamén o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6. 28001. Madrid ou a través da súa sede electrónica https://sedeagpd.gob.es
Cando responderemos á súa solicitude?
Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
Ten dereito a retirar o seu consentimento?
As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?
Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica do Concello de Soutomaior ou presencialmente a través do formulario de instancia xenérica e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido ó Concello de Soutomaior.
Normativa de aplicación
- Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
- Corrección de erros do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da administración electrónica.
POLÍTICA DE COOKIES
As cookies son pequenas cantidades de información que se almacenan no navegador utilizado por cada usuario para que o servidor lembre certa información que posteriormente poida utilizar. Estas son as cookies que utilizamos neste sitio web:
COOKIES NECESARIAS. Estas cookies gardan as túas preferencias de privacidade con respecto a todas as cookies deste sitio web, e tamén son esenciais para a funcionalidade do sistema de pre-reservas: gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], privacy_embeds, woocommerce_cart_hash, woocommerce_items_in_cart, wp_woocommerce_session_.
COOKIES DE PUBLICIDADE. Ningunha.
COOKIES DE ANÁLISE. Estas cookies analizan as fontes de tráfico e o comportamento do usuario no sitio: sbjs_current_add, sbjs_current, sbjs_first_add, sbjs_first, sbjs_migrations, sbjs_session, sbjs_udata.
COOKIES DE OUTROS. Este sitio web utiliza cookies de terceiros, que son aquelas que se envían ao teu ordenador ou terminal desde un dominio ou un sitio web que non é xestionado por nós, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies. Estas cookies gardan as súas preferencias de privacidade con respecto á reprodución dos vídeos de YouTube incluídos neste sitio web: __Secure-3PSIDCC, __Secure-3PAPISID, __Secure-1PAPISID, __Secure-3PSID, APISID, HSID, SAPISID, __Secure-1PSID, SID, SSID, VISITOR_INFO1_LIVE, LOGIN_INFO, YSC.
Obtén máis información sobre como xestionar as cookies do teu navegador aquí.