VOLUNTARIADO

QUE QUEREMOS?

  • DIFUNDIR E SENSIBILIZAR entre a poboación en xeral, o valor do voluntariado como forma de participación social e exercizo de corresponsabilidade.
  • INFORMAR E ORIENTAR sobre voluntariado: oportunidades e necesidades do mesmo, programas, recursos…
  • OFRECER SERVIZOS DE APOIO A ASOCIACIÓNS E VOLUNTARIOS/AS: documentación, formación e asesoría dirixida ás entidades e ás persoas voluntarias, para que consoliden a súa acción.
  • INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntarios/as, aquí e en proxectos de voluntariado europeo.
  • FORTALECER O TECIDO ASOCIATIVO das áreas nas que traballamos mediante a información e a formación coas asociacións de mulleres, mocidades, veciñais, culturais, deportivas…
  • IMPULSAR O TRABALLO EN REDE, a nivel local e autonómico, de forma que se enriqueza a nosa práctica diaria e se fortaleza a acción.

QUE FACEMOS?

SE QUERES FACERTE VOLUNTARIA/O, AGARDÁMOSTE PARA:

  • INFORMARTE das organizacións, dos programas e dos postos de voluntariado.
  • ASESORARTE sobre os teus dereitos e deberes como voluntario/a.
  • FORMARTE para comezar a túa labor de voluntariado.
  • ACOMPAÑARTE na túa labor voluntaria.

SE SODES UNHA ASOCIACIÓN, APOIÁMOVOS EN:

  • DIFUNDIR a información das vosas actividades.
  • DERIVARVOS persoas voluntarias.
  • INFORMARVOS de recursos e actividades.
  • ASESORARVOS sobre temas de xestión e administración.
  • BUSCARVOS espazos de coordinación.
  • FORMARVOS nos temas que demandedes.

ÁMBITOS

EN QUE ESPAZOS E PROGRAMAS MUNICIPAIS PODES REALIZAR VOLUNTARIADO?

No ámbito da educación, protección e respeto ao medio ambiente

“Voluntariado educación e sensibilización medio ambiental”. Tipoloxía de funcións: Realizar un tipo de vixilancia disuasoria e limpeza de montes e áreas de lecer. Actividades de sensibilización en relación a temas mediambientais: montes, ríos, praias, etc. Restauración e recuperación ambiental de regueiros, de fontes e abrevadeiros. Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna e tamén de flora. Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves. Acondicionamento de Roteiros, etc.

No ámbito da educación vial e da promoción de hábitos saudables

“Volunvial”. Tipoloxía de funcións: seguridade, información, acompañamento. No programa de Coleroteiros realizando as labores de apoio a monitores/as, que estarán nos cruces perigosos e puntos nos que o tráfico é maior ou poden darse situacións complicadas. Tamén estarán en puntos estratéxicos para guiar e informar aos menores onde están “rotiparadas” e como chegar á máis próxima á súa casa.

No ámbito da promoción da xuventude

“Voluntariado xuvenil” no programa de Dinamizacion xuvenil: todas as actividades programadas pola Concellería de Xuventude, incluídas as escolas municipais: teatro, pintura, etc.

No “Programa de Información e documentación Xuvenil”

Nas labores de difusión da información. Tipoloxía de funcións: Apoio na busca de información e participación na difusión da información da OMIX. Apoio na coordinación de execución de actividades,etc.

No ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres

“De igual a igual”. Tipoloxía de funcións: Apoio nas visitas e excursións organizadas. Apoio e cooperación na organización, na execución e na avaliación de actividades de promoción da igualdade de oportunidades. Acompañamento a persoas usuarias para a realización de trámites administrativos, burocráticos ou de outra índole. Apoio en programas que fomenten a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal, etc.

No apoio á actividade deportiva “Voluntariado para o deporte”

Tipoloxía de funcións: Apoio nas Escolas deportivas municipais. Apoio en torneos e competicións deportivas. Colaboración na organización de actividades e competicións deportivas. Difusión da oferta deportiva, etc.

No ámbito dos Servizos Sociais “Voluntariado social”

De apoio a minorías étnicas, persoas con escasos recursos e poboación en xeral. Tipoloxía de funcións: obradoiros e charlas sobre saúde: alimentación, deporte, hábitos saudables en xeral,… Apoio en lingua galega e castelá para persoas estranxeiras. Apoio nas clases de reforzo escolar. Acompañamento na xestión e utilización de recursos da comunidade (ir a consulta médica, a tramitar distintas xestións, etc.), apoio no uso e manexo de novas tecnoloxías para a alfabetización dixital, etc.

No ámbito da participación veciñal “TECENDO REDES, voluntariado para a participación veciñal

Tipoloxía de funcións: apoio na organización de actividades, apoio no fomento do asociacionismo e a vidal cultural do municipio. Apoio no fomento de iniciativas sociais e de creación de redes, etc.