‘Non nos deamos por feito’, este é o lema da campaña Municipal do concello de Soutomaior no 25N para este ano. Unha campaña centrada na violencia exercidas ás mulleres maiores de 65 anos.

Soutomaior, 13 de novembro. A concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García e a técnica de Igualdade do concello, Margarita Taboada  presentaron na pasada noite a campaña que para este 25 N lanzan dende o concello de Soutomaior.

‘Non nos deamos por feito’ é o lema da campaña Municipal do concello de Soutomaior no 25N para este ano, centrado na violencia exercidas ás mulleres maiores de 65 anos. Unha campaña que se presentou na Escola – Obradoiro Luís Seoane de Alxán.

Tal e como informan dende o CIM as mulleres maiores de 65 anos denuncian e utilizan os servizos de axuda moitos menos co resto da cidadanía, debido a unha serie de motivos como a longa duración da violencia, o illamento, o medo, as crenzas , a dependencia económica, e a longa duración de convivencia  co agresor.

Desde o CIM, van a presentar esta campaña nas seguintes asociacións de mulleres do Concello de Soutomaior tales como son: Alxan, Pozovello, Moreira, Romariz, Oito de Decembro, Mulleres rurais Anduriña e o centro da terceira idade do Concello.

Tal e como dixo a concelleira de Igualdade “ dende o concello queremos dar voz e escoitar as demandas destas mulleres, e promover espazos de seguridade para dar respostas as súas necesidades ,visibilizar saídas e desfacer obstáculos sociais como a vergoña social”.

Ademais de presentar esta campaña e achegar información a estas asociacións dende o concello tamén convidan a todo o mundo a asistir á concentración en repulsa ás violencias machistas e posterior lectura do manifesto institucional por parte do concello de Soutomaior o domingo 24 de novembro.

Unha xornada, a do 24 de novembro,  onde a partir das 13:00 tamén terá lugar un concerto – performance a cargo de Esperanza Mara. Todas estas actividades terán como escenario a Alameda de Talo Río, no caso de que o tempo non acompañe trasladarase ao Multiúsos de Arcade. Dende o concello informar de que avisarán, a través das súas redes sociais, no caso de haber algún cambio de ubicación para a xornada do 24 de novembro.