Encontro onde se pon en valor a tradición mariñeira de Arcade que, xa ven de lonxe. Séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que, aínda que algo modificado, chega ata os nosos días, e que se pode apreciar, entre outros aspectos, a través da rica gastronomía da zona, a base dos mellores produtos que chegan ás nosas mesas grazas á xente que traballa no mar e na restauración poñendo a Soutomaior no foco.
Un encontro do mar e desde o mar onde as embarcacións e tradicións timonean toda a programación dunha xornada na que non falta a música, o baile e toda a riqueza cultural dun municipio bañado polo mar.