Toxo Verde nace a partir de “Cinzas” (2017), un documental sobre a problemática dos incendios en Galiza. Neste proxecto, Clara e Jose descobren que teñen as mesmas inquedanzas. Dende o 2017 ata agora traballan en diversos proxectos xuntos ata que deciden crear unha Produtora Cultural a partir dos valores que comparten.

Deste xeito, a Produtora Cultural Toxo Verde ofrece un servizo coidado, en galego, á medida do usuario e sempre tendo presente a natureza. Toxo Verde fai cultura dende o rural e entre os seus servizos está a representación de artistas e bandas galegas do panorama musical actual.

Información adicional
  • Nome: Clara María Seco Pérez.
  • Contacto: PARA CONTACTAR CON ESTE ARTISTA ENVÍA UN CORREO A omix@soutomaior.gal