Horta Ecolóxica Municipal

10,00

20 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Do 01/01/2024 ao 31/12/2024. Horarios a convir.

LUGAR: Parcelas Horta Urbana.

PÚBLICO: Persoas adultas empadroadas en Soutomaior.

DEPARTAMENTO: Concellería de Mocidade.

Participar neste proxecto implica obter unha parcela da que te farás responsable como mínimo un ano para aprender a cultivar as túas propias hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan máis hortelanos e hortelanas que che axudarán a iniciarte neste tema e a maiores será obrigatorio asistir a un curso de formación básica que será de balde organizado pola Concellería de Ensino e Medio Ambiente para que poidas obter os coñecementos básicos e así comezar. A maiores, tamén se facilita un dossier con información xeral sobre os aspectos máis importantes en relación a cultivos, rotacións, control de pragas, etc.

Unha vez admitido/a comunicaremos as datas do curso de formación e asignarémosche unha parcela.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA PARTICIPANTE:

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):