Escola Municipal de Teatro Infantil-Xuvenil 2024-2025
54,00€ – 108,00€
54 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Do 04/10/2024 ao 27/06/2025. Os venres.
LUGAR: Casa da Cultura Rexina Míguez.
PÚBLICO: De 4 a 17 anos.
DEPARTAMENTO: OMIX (Cultura - Mocidade - Ensino).
Inscricións: ATA CUBRIR PRAZAS.
Prazas: 18 prazas/grupo.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de expresión corporal e dramática, técnicas de vocalización e fala en público nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo aprendendo dun xeito práctico e colectivo mediante dinámicas de educación non formal. Para participar non se esixe nivel previo nin formación básica.
Itinerario: INFANTIL
- Idades: 4 a 8 anos.
- Horarios: venres de 16:30 a 17:45 h.
- Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Itinerario: XUVENIL 1
- Idades: 9 a 12 anos.
- Horarios: venres de 18:00 a 19:30 h.
- Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Itinerario: XUVENIL 2
- Idades: 12 a 17 anos.
- Horario: venres de 19:45 a 21:15 h.
- Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.
Profesora: Tamara Campos.
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición. A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):