A Gramola Gominola e Peter Punk e Brais das Hortas conseguiron encher a Carballeira do Peirao de Arcade na xornada do domingo. Música en directo, clown e moitas risas para un fin de festa por todo o alto.

Soutomaior, 26 de agosto. A segunda edición do Punkativada contou con éxito de participación na Carballeira do Peirao de Arcade coa asistencia de centros de persoas. A xornada dominical comezou co obradoiro creativo “Palabras encadaneadas” unha cita onde as pequenas e pequenos puideron xogar a este xogo dunha maneira lúdica e didáctica.

A continuación a Gramola Gominola, unha banda de auténtico Rock&Roll en galego con Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos), sacaron o lado máis punki de todas e todos os asistentes e fixo mover o esquelete das pequenas e pequenos e familias con temas como a Fábrica de Carmela, Canción para desafinar ou  Un día especial.

Xa pola tarde, chegou o fin de festa por todo o alto co espectáculo de Peterpunk e o neno imperdible protagonizado por  Peter Punk e Brais das Hortas. Acrobacias, tensión, música en directo e moito humor fixeron que as e os asistentes a esta cita desfrutasen de este espectáculo de máis de hora e media.

Dende o Goberno Local están máis que satisfeitos coa acollida e participación da II edición do Punkativada. Unha edición pola que pasaron na xornada do sábado no Multiusos ‘As Tareixas’ de Redondela, o concerto de ‘Silforiña’ de Golfiños, o espectáculo “Cirkompacto” de Hellbrothers, ‘os xogos de ‘paporrubio’, o concerto ‘Singular’ de Píscore. E xa o domingo, na Carballeira do Peirao, o obradoiro de ‘palabras encadenadas’, o concerto da ‘Gramola Gominola’ e espectáulo de fin de festa de Peter Punk e Brais das Hortas. Ocio e diversión para a familia que volverá na súa terceira edición na derradeira fin de semana de agosto do 2025.