INFORMACIÓN

Neste servizo deséñanse as estratexias e prográmanse as accións culturais, de dinamización sociocomunitaria e de participación cidadá.

Os programas municipais encamíñanse a ofrecer unha ampla e variada oferta no eido educativo, cultural e de dinamización do municipio atendendo ás demandas dos centros educativos, do tecido asociativo e da comunidade, en xeral.

CONTACTO

ATENCIÓN AO PÚBLICO MOCIDADE, ENSINO E CULTURA
Luns, mércores e xoves de 9:00 a 14:00

Casa do Concello
Alexandre Bóveda, 13 – Soutomaior
986 705 106
omix@soutomaior.gal

PROGRAMAS MUNICIPAIS

Festas, tradicións e programación de actividades no eido das artes escénicas (música, teatro, circo, danza), proxectos culturais de diversa índole, etcétera.

Puntos creativos de activación de espazos culturais (Debuxo e pintura, Teatro…).

Punto itinerante que achega a información xuvenil á mocidade matriculada nos centros educativos do municipio dun xeito seguro, fiable e directo. Para estar ao día de todas as actividades ou campañas de interese.

Programa municipal de accións formativas drixidas á poboación xeral encamiñadas a traballar as intelixencias múltiples no eido da educación non formal, á adquisición de competencias básicas e de competencias específicas para incorporarse ao mercado laboral con prácticas en empresas.

INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

ACADÉMICA 

A finalidade é prestar apoio ás mozas e mozos para que coñezan o sistema educativo actual, para explorar en que estudios e profesións teñen potencial e resolver dúbidas que xurdan durante o proceso de toma de decisións.

ASOCIACIONISMO E INICIATIVAS XUVENIS

Asesoramento para constituír unha asociación, dinamizar grupos informais, realizar voluntariado.

Acompañamento  no proceso de posta en marcha de ideas para o deseño de proxectos de dinamización comunitaria.

INFORMACIÓN XUVENIL

Información sobre convocatorias de premios e concursos, cursos, bolsas, ofertas de emprego, campamentos, actividades lúdicas e culturais, carnés, axudas, servizos de apoio á mocidade, recursos europeos, estatais, autonómicos e locais, etcétera. 

CARNÉ XOVE

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).

Como facelo?

  • Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.
  • Impreso de solicitude.
  • Pagar por internet (o navegador avísanos de que non é unha conexión segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en INICIAR.
  • Cumplimentar os datos do formulario.
  • Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de solicitude cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI do/a interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia a documentación e o DNI desa persoa).

Onde facelo?

O carné xove pódese facer en:

  • Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
    Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo.
  • OMIX.