QUE É O CIM?

No CIM prestarase atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero. Trátase dunha atención e intervención directa para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, tendo prioridade dentro das vulnerabilidades, as vítimas de violencia de xénero.

O CIM, ou Centro de Información á Muller, é un recurso gratuito do Concello de Soutomaior onde se realiza unha intervención global, a través do asesoramento xurídico, asistencia psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información de cara a consecución da igualdade de oportunidades e dereitos entre mulleres e homes e a abordaxe integral da violencia de xénero; respetando en todo momento a confidencialidade na comunicación, o anonimato na identidade e a vontade das persoas usuarias.

O CIM está ubicado no Centro de Benestar Integrado, Multiúsos de Arcade, Peirao, 8 e conta co persoal técnico:

  • Cristina García Núñez – Psicóloga.
  • Clara Rodríguez Varela – Avogada.
  • Marga Taboada Piay – Promotora de Igualdade.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Luns, martes, mércores, xoves e venres de 9:00 a 14:00 h.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA
Luns de 9:00 a 14:00 h.
Martes de 9:00 a 14:00 h.
Venres de 9:00 a 14:00 h.

ATENCIÓN XURÍDICA
Luns de 8:00 a 14:00 h.
Mércores de 8:00 a 14:00 h.
Xoves de 8:00 a 14:00 h.

PROGRAMAS MUNICIPAIS

8M. Día Internacional da Muller, foi recoñecido oficialmente polas Nacións Unidas no ano 1977. A sú orixe está nos movementos laboráis de principios do S.XX. Algunhas datas destacadas: No 1848, a Elizabeth Stanton e Lucretia Mott, non lle deixaron participar unha Convención Contra a Escravitude polo que congregaron a centos de mulleres no que foi a primeira Convención dos Dereitos da Muller en EEUU. Loitaban polos dereitos vicís, sociais, políticos e relixiosos.

O 8 de marzo de 1875 centenares de mulleres dunha fábrica de textil de Nueva York, protestaron pola desigualdade salarial, estas protestars desencadearon unha brutal represión policial que asasinou a 120 traballadoras, xurde o primeiro sindicado feminino da historia propoñendo protestas e folgas no sector textil. No ano 1908 baixo o lema “Pan e Rosas” saíron a rúa 15.000 mulleres para protestar polas súas condicións laboráis.

O 25 de marzo de 1911 incendiouse unha fábrica textil en Nueva York, moitas traballadoras quedaron atrapadas, xa que as portas estaban pechadas por fora. Morreron 146 mulleres. Na fábrica elaboraban telas de cor morado, e a columna de fume, producida pola lume era de este cor, así vinculase o color o día. Logo da revolución rusa, o gobernó interino, aprobou o voto feminino o 23 de febrero de 1917. Explica a ONU, que en base ao calendario gregoriano, o 23 de febrero correspondía ao 8 de marzo.

OBXECTIVOS
  • Reivindicar a igualdade real e efectiva das mulleres en todos os eidos da vida.
  • Loitar contra a fenda salarial.
  • Promover a concienciación social.
  • Promover o traballo doméstico e de coidados así como promocionar a corresponsabilidade.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia machista celébrase anualmente o 25 de noviembre para denunciar a violencia exercida sobre as mulleres, polo mero feito de ser mulleres, en todo o mundo se reclaman políticas para a súa erradicación.

Enténdese por violencia de xénero “Calquera acto violento ou agresión, baseados nuha situación de desigualdade no marco dun sistema de relación de dominación dos homes sobre as mulleres que teñan ou poda ter como consecuencia un daño físico, sexual o psicolóxico, incluídas as ameazas a tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorre no ámbito público, com na vida familiar ou persoal” (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero); modificouse engadindo a “Violencia de xénero dixital ou Violencia en liña conta a muller, que inclúe todo acto ou conducta de violencia de xénero cometido, instigado ou agravado, en parte o na totalidade, polo o uso da novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), como Internet, plataformas de redes sociais, sistemas de mensaxeira e correo electrónico ou servizos de xeo localización, con a finalidade de discriminar, humillar, chantaxear, acosar ou exercer dominio, control ou intromisión sen consentimento na privacidade da vítima; con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella ou análoga de afectividade no presente ou no pasado, o de parentesco coa vítima.

Igualmente, terán a consideración de actos de violencia dixital contra a muller os exercidos por homes da súa contorna familiar, social, profesional ou académica.” (Lei 15/2021, 3 de decembro, galega)
Tipos de violencia: Física, verbal, psicolóxica, vicaria (exercida sobre as crianzas), sexual, económica, dixital, abusos sexuais, acoso, trata de persoas, mutilación xenital feminina, matrimonio infantil.

OBXECTIVOS
  • Promover a prevención, a fin da impunidade e a seguridade e benestar das vítimas de violencia machista e as/os súas fillas/os.
  • Fortalecer o traballo en rede das/os profesionais e potencias a difusión dos recursos para facer máis efectiva a loita contra a violencia de xénero.
  • Promover condutas alternativas á violencia para a resolución de conflictos, as relación de convivencia e o bo trato entre mulleres e homes.

O Espazo Concilia da Concellería de Igualdade é un programa de intervención comunitaria centrado na conciliación da vida familiar e persoal laboral durante os períodos non lectivos das crianzas na escola. Este programa vai dirixido ás crianzas de entre 3 e 14 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 horas, pero existe a posibilidade de entrar ás 8:00h. e saír ás 15h. dependendo das necesidades de cada familia.

OBXECTIVOS
  • Facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias no Concello de Soutomaior.
  • Promover actividades de Igualdade que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico.
  • Programar actividades que favorezan a reflexión tanto individual coma grupal dos comportamentos igualitarios que se esperan da cidadanía que ven compoñer o futuro.
  • Fomentar a tolerancia e a solidariedade entre todas as persoas participantes na experiencia, entendendo as diferenzas como oportunidades de enriquecemento.
RESULTADOS AGARDADOS
  • Mellora da conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
  • Mellora das relacións interpersoais mais igualitarias entre as crianzas.
  • Mellora da educación medioambiental fomentando un consumo responsable.

O programa de intervención comunitaria, está orientado principalmente a mulleres do Concello, facendo internvencións desde diferentes perspectivas e orientacións para axudarlles a definir a procura dos seus proxectos vitais, da súa identidade e da súa autonomía, da súa orientación persoal, social e laboral, asi coma tamén do tecido e fortalecemento de redes sociais entre elas e do principio de sororidade.

OBXECTIVOS
  • Reforzar a autoestima e o autoconcepto das destinatiras.
  • Creación de rede social.
  • APoderamento a través do traballo emocional, artístico e corporal.
  • Fomentar o traballo corporal e de consciencia do corpo como xeito de apoderamento corporal.
  • Visibilizar e xestionar os conflictos emocionais a través da arte.
  • O traballo corporal e de consciencia do corpo como xeito de empoderamento corporal.
  • Visibilización e xestión dos conflictos emocionais a través da arte.
RESULTADOS AGARDADOS
  • Mellora da autorregulación emocioal e redución dos niveis de ansiedade das participantes.
  • Mellora do seu autocoñecemento e capacidade reflexiva, na súa autopercepción e autoestima.
  • Mellora na responsabilidade do seu apoderamento e autocoidado.

Diversidade é un programa de intervención comunitaria para dar visibilidade e promover a tolerancia, a dignidade, a non discriminación e a igualdade de dereitos ante a lei das persoas LGTBI+ de xeito transversal pero reclamando mais atención entre o 17 de maio, DIa Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia e o 28 de xuño Día Internacional do Orgullo LGTB.

OBXECTIVOS
  • Visibilizar o feminismo e a comunidade LGTB* nos espazos e zonas común.
  • Educar en igualdade e diversidade sexual.
  • Sensibilizar as diferentes realidades existentes en relación ás identidades e orintación sexuais.
  • Promover a identificación, visibilización e a denuncia das agresións.
  • Promover a sensibilización e tolerancia, dando voz e ocupando espazos para as súas reinvindicacións.
RESULTADOS AGARDADOS
  • Mellora da tolerancia as realidades identitarias e as orientacións sexuais existentes.
  • Mellora da ocupación nos espazos públicos de toda a ciudadanía.
  • Mellora da sensibilización e visibilización dos dereitos das peroas LGTBI*.

O espazo redes é un programa de intervención comunitaria para fomentar o tecido asociativo e a creación redes veciñáis entre mulleres, en especial de mulleres do rural, do Concello de Soutomaior, dando a coñecer a importancia da labor das mulleres no rural, dando voz a un colectivo especialmente esquecido.

OBXECTIVOS
  • Fomentar o tecido asociativo e a creación de redes veciñais.
  • Dar valor as mulleres e potenciar o seu autocoidado.
  • Sensibilizar a cidadanía da importancia do tecido asociativo.
RESULTADOS AGARDADOS
  • Mellora dos vínculos establecidos entre as mulleres, en especial do rural.
  • Mellora da autopercepción e a autoestima das mulleres no rural.

A educación e a sensibilización son fundamentais para modificar os patróns socioculturais asignados de xeito diferenciado a homes e mulleres, e poder crear cambios para a consecución da igualdade a medilongo prazo nas comunidades. O acceso á información é clave para seguir traballando na socialización e transmisión de valores, actitudes e comportamentos igualitarios e no respecto á diferenza e á diversidade.

OBXECTIVOS
  • Promover a calidade de vida da cidadanía baixo o principio de igualdade.
  • Promover a perspectiva de xénero nos espazos municipais e urbanos.
  • Realizar campañas de información e sensibilización da igualdade a través das actividades.