CONTACTO

Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane
Illas Alvedosas, 3 – Arcade
986 700 291
biblioteca@soutomaior.gal

SERVIZO  DE PRÉSTAMO

O préstamo é libre e gratuito pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de persoa lectora.

É susceptible de préstamo toda a colección bibliográfica e audiovisual excepto:

  • Anuarios.
  • Fondo local.
  • Obras de consulta.
  • Xornais.

Condicións do servizo

O servizo de préstamo ofrece e facilita ó público a posibilidade da lectura e consulta nos seus enderezos de materiais de diverso tipo por un periodo de tempo preestablecido.

SOLICITUDE DE CARNÉ

Os requisitos para ser socio/a da Biblioteca Municipal son:

• Cubrir un formulario, descargable na web ou dispoñible na propia Biblioteca.
• Presentar o DNI.
• Unha fotografía tamaño carné.
• Para as persoas menores de 14 anos, autorización firmada polo tutor/a legal.

https://rbgalicia.xunta.gal/gl/carne-da-biblioteca

CATÁLOGO

O catálogo automatizado axúdalle a coñecer os fondos que pode atopar na Biblioteca, así como a súa ubicación nas diferentes seccións e situación actual: dispoñible ou prestado.

O noso catálogo en liña atopase aloxado na Web da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, actualmente estamos traballando nun proceso de informatización e reconversión de fondos.

O catálogo permite a búsqueda por título, autor, materia, serie, CDU, sección, editorial e ISBN. Tamén poderá reservar as obras que lle interese.

Para entrar no catálogo pulse aquí:

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

 

SERVIZOS

A biblioteca pon a disposición unha ampla colección de libros, materiais audiovisuales, revistas, diarios oficiais, periódicos, etc. que poden ser consultados libremente.

Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de persoa lectora. A sala pode utilizarse para o estudio, ainda que non está permitida a reserva de postos.

Guía de uso:

A biblioteca é un lugar público e, como tal, require das persoas usuarias unhas normas de comportamento de maneira que se respeten as instalacións, os fondos nela recollidos, así como ao resto de persoas. Por tanto, non se debe:

  • Incurrir en manifestacións ruidosas.
  • Comer, beber ou fumar dentro da Biblioteca.
  • Usar teléfonos móviles.
  • Alterar a posición dos mobles e os equipos, ou usalos indebidamente.
  • Reservar prazas nos puntos de lectura mediante calquera procedemento.
  • Entrar con animais.
  • Entrar con bicicletas, patíns, etc.
  • Perturbar o bo funcionamento dos servizos da Biblioteca.

Para poder manter a gratuidade do servizo é necesario ter un coidado especial cos documentos e respetar as normas de funcionamento.

Condicións de acceso e uso:

O acceso aos documentos é libre nas salas abertas ao público e gratuito. Tamén existen fondos de acceso restrinxido por razóns de conservación e seguridade.

Para acceder ao Servizo de Préstamo obterase o correspondente carné.

 

O acceso a este servizo é libre e gratuito. Non se permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista. Os periódicos do día son de libre acceso. Os periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.

Periódicos: Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Atlántico Diario, Marca, Nós, Diario, El País.

Publicacións periódicas: Artesonado, Car, Carta local de la FEMP, Cousas de a túa revista, Integral, Labores del Hogar, El Mueble, Mundo Negro, Muy Interesante, Nacional geographic, Saber Cocinar, Tempos Novos.

A maioría destas publicacións periódicas pódense levar en préstamo durante 1 semana, sempre que non sexan as que están no mes vixente.

A biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet, un deles reservado para consultas rápidas, que están situados na zona común da biblioteca.

Estes equipos teñen instalados ferramentas de traballo informático tales como procesadores de texto e follas de cálculo.

Condicións de acceso e normas: 

A utilización dos ordenadores solicítase no mostrador da Biblioteca.

Os ordenadores póñense ó servizo público para a búsqueda de información de contido documental, educativo, investigación, aprendizaxe ou lecer. Non están autorizados os chats.

Os ordenadores póñense ó servizo público para a búsqueda de información de contido documental, educativo, investigación, aprendizaxe ou lecer.

O uso de cada ordenador é persoal. Non se permite a estancia de máis dunha persoa por posto de consulta.

Para garantizar a intimidade, non se permite que outros usuarios se sitúen detrás dos postos de consulta.

Non é tarefa do persoal da biblioteca a ensinanza dos programas que os usuarios estén utilizando.

Estas normas poderán variar, previo aviso, para adaptarse a actividades culturais programadas polo servizo de biblioteca.

A aula de estudo da Biblioteca municipal de Soutomaior está destinada a facilitar aos seus usuarios un ambiente adecuado para a lectura e o estudo nas mellores condicións posibles.

Normativa de bo uso:

1. A aula de estudo é un servizo que a biblioteca municipal presta aos seus socios, polo que para acceder a ela é preciso ter o carné de usuario da Biblioteca municipal de Soutomaior. No obstante, se a capacidade o permite, pode acceder libremente calquera cidadán.

2. Para facilitar o traballo de estudo e lectura de todos os usuarios, cómpre gardar silencio no espazo da aula. Os teléfonos móviles deberán estar desconectados ou mantidos en silencio, e non está permitido atender chamadas na aula.

3. Non está permitido comer (únicamente beber auga), coa finalidade de preservar os equipamentos.

4. Non está permitido reservar postos a terceiras persoas nin ocupar un posto ausentándose por máis tempo do dun breve descanso (30 minutos) ou do necesario para facer uso doutros servizos do centro.

5. O persoal encargado das aulas non se responsabiliza dos obxectos persoais que puidesen quedar esquecidos nelas.

6. Uns cinco minutos antes da hora de peche debe comenzarse a desaloxar a sala.

7. O persoal encargado das instalacións está autorizado para instar a identificarse a calquera usuario e ten capacidade para expulsar das aulas a aquelas persoas que contraveñan estas normas.

CLUBS DE LECTURA

Un club de lectura fórmano un grupo de persoas que leen ao mesmo tempo un libro.
Cada persoa faino na súa casa e unha vez ao mes xuntanse para compartir e comentar as lecturas programadas.
O club está aberto todo o ano e os libros son proporcionados pola propia biblioteca municipal.
As reunións celebraranse na segunda planta da biblioteca.

Dirixido a todas as persoas adulas que queiran practicar ou iniciarse no idioma francés. Neste obradoiro de interpretación en francés, tratase de ler e interpretar unha obra de teatro, que facilitará dunha forma lúdica e diferente poder expresarse neste idioma.
O club coordinao Salvador Alvárez Ledesma, profesor de fránces.
Luns alternos de 18:40 ás 19:40 horas na Biblioteca Municipal de Soutomaior dende o 7 de outubro ata maio.

Un club de lectura fácil diríxese a aquelas persoas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiciente…) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, senilidad…) favorecendo a inserción social, a mellora das súas capacidades lectoras e de expresión oral.
Os libros, baseados en textos sinxelos e de fácil comprensión, son proporcionados pola biblioteca.
O club coordinao a profesora Concepción Tirado Vidal e as reunións teñen lugar os martes alternos de 11:00h a 12:00 h. na segunda planta da biblioteca dende o 1 de outubro ata maio.

Dirixido a persoas adultas que teñan gusto pola lectura, e queiran compartir as súas impresións. O club coordinao a profesora Marisé Pérez Mariño e as sesións son o último xoves de mes de 11.30-12.30. (Dende o 26 de setembro ata xuño).

OUTROS SERVIZOS

Servizo de resposta a peticións sobre diferentes asuntos ou materias.

É un servizo de extensión bibliotecaria que se ofrece á toda a  cidadania nos meses estivais, achegando á animación á lectura aos espazos de lecer do Concello, desenrolanse os martes na Carballeira do Peirao de Arcade, os mércores na Veiguiña Longa, en Comboa (Soutomaior), e os xoves na Praia da Xunqueira, en Arcade.

 Servizo de extensión bibliotecaria que achega o material da biblioteca aos fogares que o precisen dentro do termo municipal.

Como podo solicitar este servizo?

  • Solicitándoo presencialmente na Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior.
  • Enviando un correo-e: biblioteca@soutomaior.gal; ou por teléfono no: 986 700 291.

Que é necesario para poder solicitar este servizo?

  • Vivir no termo municipal de Soutomaior.
  • Ser socio/a da Biblioteca Municipal de Soutomaior ou de calquera Biblioteca da Rede  Pública de Bibliotecas de Galicia.

Que material podo solicitar en préstamo?

Ata 3 libros, 2 audiovisuais e 1 revista durante 15 días, por socio/a non renovables.

Onde podo consultar o material a solicitar?

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Que días se reparten e recollen os libros nos domicilios?

Os repartos serán todos os martes do ano.

Se tes dúbidas contacta coa Biblioteca Municipal: 986 700 291 / biblioteca@soutomaior.gal