Bibliofogar en Comboa
Martes 14 xaneiro 2025 de 12:00 a 13:00 h.
Escola dos Moureiros.
Público: Persoas adultas.
Prazas: Ata completar aforo.
Acceso: De balde.
Trátase dun servizo de extensión bibliotecaria que achega aos barrios do Concello iniciativas para promover a lectura e que permite levar e recoller material bibliográfico (libros, revistas, audiovisuais) nos domicilios das persoas maiores e de maior vulnerabilidade que o soliciten previamente porque que non poden acudir físicamente á Biblioteca Municipal. Con este programa elimínanse barreiras físicas e xeográficas e achégase a cultura a todas as persoas do Concello de Soutomaior.