• Mais de 100 persoas maiores asistiron ao Baile de Nadal que pasada noite de celebrou na Casa do Pobo do Val Sobral, con música, cotillón e chocolate con rosca.

30 de decembro, Soutomaior. As persoas maiores do concello de Soutomaior gozaron na pasada noite do seu baile de Nadal organizado polo Concello de Soutomaior  na casa do pobo do Val-Sobral.

Foi o Trío Azabache o encargado de poñer o toque musical a esta cita, e tamén os artífices de que todas e todos os movesen o esquelete dende as 18:00 ata as 20:45h.

Unha cita onde non faltaron o Como baila Carmiña de José Acosta, o Solo te pido de Manolo Escobar e que pechou esta festa co mítico Cada día máis linda de Pimpinela. Todo, na compañía de cotillón y dun rico chocolate acompañado de rosca e doces de Nadal. As e as persoas que o desexaron tiveron a súa disposición o servizo de autobuses dende Arcade e dende os diferentes barrios de Soutomaior, co fin de que todas e todos desfrutasen deste Baile con comidade e sen necesidade de levar o seu coche particular.

Foi unha das grandes citas do noso Nadal, na que participaron máis de 100 maiores, unha cita, predecesora dun gran día, o 31 de decembro, que o concello de Soutomaior se prepara para despedir o año cunha programación por todo o  alto na súa Carpa de Nadal instalada en Talo Río.

Deste xeito, ás 17:30h. chegará PETER PUNK co seu espectáculo Prebadaladas onde as  risas e o divertimento estarán asegurados.

E xa a partir das 00:45h. será YAYA DJ a encargada de darlle a benvida ao 2025 con música que conseguirá que todas e todos os asistentes movan o esquelete. Un fin de ano que contará con roupeiro de balde, cunha carpa climatizada e con moito ambiente.

Dende o concello convidan a todo o mundo a vir a desfrutar do Nadal e tamén a despedir o ano e darlle a benvida ao 2025 dende Soutomaior.