Do 16 de febreiro ata o mes de maio Soutomaior acollerá a celebración da terceira edición de Divulgaciencia. Unha proposta educativa que se inaugurará o día 16 coa permormance da artista Arantxa Treus.

O Concello de Soutomaior presentou hoxe a terceira edición de Divulgaciencia, un programa municipal promovido pola Concellería de Educación que engloba actividades dirixidas a todos os públicos para contribuír a aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía en xeral porque a experimentación e a curiosidade, non teñen idades nin xénero; e, apostar polo fomento das vocacións científicas entre a xuventude nas diferentes áreas do saber.

Un programa co que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico – tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral.

Unha proposta na que tamén se vai a conmemorar o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia que se celebra o 11 de febreiro co obxectivo de acadar o acceso e a participación plena e equitativa e visibilizar as contribucións que as mulleres, fan e fixeron, durante toda a historia da humanidade nestes ámbitos.

A primeira das accións deste programa terá lugar o venres 16 de febreiro coa performance “A cienca da Adolescencia” de Arantxa Treus. Unha cita, onde a través do humor esta artista presentará feitos relacionados coa adolescencia tales como os cambios da adolescencia, as hormonas, ser impulsivo ou emocional… Unha cita que chegará ás 10:20 ao alumnado de 3º da ESO do Colexio Santiago Apóstolo e ás 12:20 ao IES Soutomaior. Nesa xornada tamén se levará a cabo outra actividade Adolescementemente un xogo por equipos onde se fusiona a diversión e o desenvolvemento cerebral na adolescencia e que será impartido por KidCode.

Ademais, o luns 13 de maio terá lugar a Feira de ciencia (Divulgaciencia) onde este ano como novidade, ademais do alumnos da ESO e Bacharelato, tamén poderá participar os de 5º e 6º de Primaria.

Outra das novidades desta edición é o Roteiro Científico ambiental Soutomaior mira ao mar. Especial Festa da Ostra 2024.

Obxectivos

Os obxectivos que persegue este programa son os seguintes: fomentar a autonomía e o pracer por experimentar sen medo a investigar; divulgar contidos científicos dun xeito ameno e comprensible; visibilizar a contribución das mulleres na ciencia; promover a participación plena e equitativa da muller na ciencia; contribuír a igualdade de oportunidades; fomentar as vocacións científicas; implicar á cidadanía en xeral en actividades de ciencia lúdicas, creativas e divertidas; ofrecer recursos de lectura comprensiva no ámbito da ciencia e de divulgación científica.

FONTE: onoticieiro.gal